Vivenda digna, sustentábel e asequíbel para todas as persoas
O acceso á vivenda é un dereito humano
Todas aspersoas merecen acceso a unha vivenda digna, sustentábele asequíbel. Non se trata dun privilexio, senón dun dereito humano fundamental. Con todo, toda Europa está a atravesar unha profunda crise de vivenda. Mentres a cidadanía ten dificultades para pagar os recibos, os especuladores mercan edificios enteiros e os caseiros desaloxan os seus inquilinos sen impedimentos. As familias vense obrigadas a gastar case a metade dos seus ingresos só para ter un teito, en tanto que millóns de mozos quedan totalmente fóra do mercado da vivenda. Desde 2010, os prezos da vivenda na UE aumentaron un 55,4 % e os alugueralugueres, un 26,7 %. En moitas cidades os prezos están a aumentar entre un 10 % e un 20 % anualmente, é dicir, a unha velocidade moito máis alta da que o fan os salarios e a inflación. Cada vez hai máis persoas sen fogar. Nunha noite calquera, na UE hai 1,3 millóns de persoas sen teito, e case 400 000 delas son nenos e nenas. A pobreza enerxética afecta a 47,5 millóns de europeos e lévaos a elixir entre ter calefacción ou mercar comida; nese grupo inclúese a case 24 millóns de traballadores. Alén diso, cada ano prodúcense máis de 100 000 mortes por mor de vivendas inadecuadas e varios millóns de persoas vense afectadas por mofo, contaminantes perigosos ou estruturas pouco seguras.
Esta crise da vivenda non é casual, senón o resultado de decisións políticas que lles dan prioridade aos beneficios por riba das persoas. En termos concretos, isto significa desregulación e unha inadecuada supervisión regulamentaria que lles dá poder aos especuladores. Significa que os investimentos estatais en vivenda social son insuficientes, e que as normativas da UE a miúdo consideran a vivenda un ben financeiro, no canto de considerala o fogar das persoas. Xa vimos o que sucede cando a vivenda se trata como un produto sen valor social. A crise hipotecaria de 2007-2008, provocada por unha burbulla inmobiliaria, deixou miles de edificios sen rematar e levou ao bordo do abismo toda a economía da UE. Aínda que ás veces é necesario construír vivendas novas, a maior parte das vivendas que se necesitan en Europa xa existen. O primeiro debe ser rehabilitar e reconverter esas vivendas; do contrario, estaremos botando cemento sobre os últimos espazos verdes que nos quedan e prexudicando o medio do que dependemos.
A situación chegou ao límite. O acceso á vivenda debe facerse cumprir como un dereito humano fundamental en toda a Unión Europea. Trátase de máis que tabiques e teitos: trátase de dignidade, xustiza e a posibilidade de construír unha vida.
A nosa visión é clara: loitamos por unha Europa na que non quede ninguén sen fogar, na que os alugueralugueressexan xustos, na que tanto xente nova coma maior poida vivir en fogares seguros, salubres, con calefacción e electricidade xerada con enerxías renovábeis. A vivenda debe ser para as persoas, non para xerar beneficios.
